Contra vento e maré

As cidades e o rural loitamos tamén contra a depredación enerxética no mar. Non é unha transición ecolóxica, é a destrución dos ecosistemas pesqueiros e mariños en beneficio do oligopolio da electricidade e dos especuladores estranxeiros? Alén dos muíños, instalaranse liñas de alta tensión subacuáticas e terrestres con corredores de até 100m de largura que tronzarán aldeas, quintas e paisaxes.

Vento Mareiro convoca toda Galiza a se manifestar na defensa da terra e do mar.

Se queredes máis información sobre o caso Altri pinchade na seguinte ligazón.